Evasión

“El museo es una escuela: el artista aprende a comunicarse, el público aprende a hacer conexiones”

entrada do Museo Arte Latinoamericano de Buenos Aires

Me dejo llevar al ir viendo las instalaciones de Julio Le Parc en el MALBA de Buenos Aires. Lumière muestra algunas de las instalaciones artísticas del autor.

Entro en un recinto oscuro, una gran sala cerrada con un pesado cortinón, es como pasar a otro mundo. Los ojos se van acostumbrando y la mirada se va a la luz tenue, allí un objeto simple, que no llama la atención por su forma, se mueve con el aire que desplazamos los que entramos en la sala. El objeto son muchos fragmentos suspendidos en el aire.

Me siento y continúo percibiendo la obra. La luz se mueve en todos esos fragmentos y crea un flujo. Es agua.

Cambio de obra, me giro. Ésta es una columna, un tubo apenas perceptible. Dentro de él la luz es humo, es seda suave en movimiento, son llamas incoloras. Es fuego.

Entro en un estado de abstracción antiguo, primitivo, mujer percibiendo el fuego, mujer percibiendo el agua.

Me dejo ir ahora a otro lugar. Sobre la pared se ve el reflejo de la luz sobre una cortina de discos pequeños que se mueven con el aire en la sala. En la parede multitud de formas vibran como células-elementos de un líquido pleno de vida. Es latido, es sangre, es vida.

Voy dejándome llevar de una instalación a otra, en un estado cada vez más profundo de percepción. La oscuridad, el silencio, el aire y la luz, todo el cuerpo siente.

El momento cúlmen llega bajo una instalación en el techo. Estoy tumbada, cómoda, y sobre mí la luz juega en un ondular de líneas, son formas rectas en un movimiento desdibujado, se rompen las lineas volviéndose curvas.

Yo siento que los límites de mi cuerpo se expanden, se abre la piel derramándome al aire, el cráneo se destapa y el cerebro se amplía.

Es un estado de amplitud, de sintonía con el espacio; llego aquí a través del arte, por primera vez. Otras veces fue a través del sonido, del movimiento, de la respiración. Es trance, natural, libre.

En esta amplitud camino hacia otro lugar, una inmensa forma cuadrada que flota en el espacio, multitud de pequeñas piezas levitan juntas y son un cuadrado lleno de espacio, aire, luz y movimiento.

Orbito alrededor de esta forma, suspendida en el espacio yo también.

(tiempo)

Escucho los pasos de un vigilante que se acerca. Quiebra la magia, me trae a la realidad.

Me hubiera gustado deslizarme al medio del espacio, rodearme de la obra, dejarme absorber por ella.

El vigilante enciende su móvil, ilumina con su luz hiriente, escribe un mensaje, absorto en otra realidad.

Mi piel se tensa, la tapa del cráneo se cierra, los ojos vuelven a mirar lo concreto. Me cierro.

Pero la memoria del viaje permanece en el cuerpo.

Publicado en Sen categorizar | Comentarios desactivados en Evasión

de círculos e pés

Vale, intentarei expresalo, darlle forma…(este escrito ten banda sonora, preme)

Xa sabedes que teño unha fixación cos círculos como debuxo, como representación do que sucede na vida… sen esquecer os pés, claro. Encaixan ben neste escrito, os círculos da vida e os pés que os camiñan.

Viñen a este bar a ver un concerto e atópome como na casa. Nun agradable lugar no que escoito música en directo. Pero é máis que unha comodidade física, é tamén algo emocional. Esther interpreta, palabra plena, temas de Sarah Vaughan, Paolo Conte, e outros standards. Lévame aos meus 20 anos, ao jazz, ao calor dos concertos e os cafés nocturnos. Co son da súa voz envolvente viaxo, mais non fóra nin lonxe, senón dentro. Volvo a un lugar que está dentro de min.

Colaboro co inevitable, como me recomendara esa mesma tarde Lupe.

Déixome ir a aquela primeira CASA pequena e bohemia. O tocadiscos xusto diante da porta de entrada, cáseque pegado ao pequeno sofá, no único espazo que podíamos ter como sala. Sarah Vaughan cantaba Sophisticated Lady  e, cando nos movíamos polo pasillo, a agulla saltaba sobre o disco porque o chan era de madeira…

Pregúntome por que marchei … repetidamente abandonei este lugar meu na vida. Un lugar en penumbra, relaxado, con voces suaves e algunha risa.

Ata agora a representación que me facía dos círculos da vida como momentos, etapas, relacións, estados,… era incompleta. Aínda vendo conexións entre os distintos círculos, como evolucións que levan dun a outro, a maioría das veces sen sabelo de antemán, claro. Faltábame outra dimensión neste debuxo, a dos círculos concéntricos.

Quizáis coma unha onda concéntrica que se expande dende o propio centro, vibrando…

Teño outra oportunidade de sentir a estela deste movemento acuático que volve, cíclico.

Vou ondular, volvo a min.

Publicado en Sen categorizar | Etiquetado , , | Comentarios desactivados en de círculos e pés

Terra, Casa

Agora que estou no aire, voando no avión de regreso a casa, veñen ao meu pensamento as palabras de Omid para todos nós: -Aprecia a fortuna que tes

Veño de pasar 10 días en compañía dun mosaico de persoas de orixe, cultura, lingua, rasgos físicos e personalidades moi diversas. Formamos todos un grupo que se foi construíndo día a día a través do traballo coa voz, co sonido, co idioma, coa xestualidade, coa acción teatral, coa vontade de cada un de nos e cunha reforzada actitude de apertura.

Ao principio éramos puntos soltos, individuos, cada un coa súa particular presencia e enerxía, aillados. Algúns calados outros faladores, uns escoitadores, outros menos, quen protagonista, quen tímido…

Fermoso para min apreciar a evolución do grupo, como fomos equilibrando as individualidades para crear un espazo común, un círculo onde cada un de nos sumábamos e que colleu dimensión propia.

Floreceron neste círculo palabras plenas de significado: apertura, escoita, beleza, creatividade, terra, arraigo, centro, espacio, firmeza, suavidade.

Alberto Grilli e Antonella Talamonti, co apoio do gran equipo da compañía Teatro due Mondi, invitaronos a florecer, eles ofreceron a ocasión e cada un de nós puxo a vontade.

Chegou o momento de regresar a casa, dispersarnos como as sementes da flor do Dente de León, lanzadas ao aire coa intención de atopar a terra necesaria para continuar a medrar, estender a semente dos valores humanos.

Voando neste avión, suspendida no ceo, sinto a fortuna de regresar a casa, a fortuna de ter CASA. a miña casa, a cama, a cociña e a familia e amigos, os cadernos e as pinturas. TERRA

Nostra patria é o mundo intero,

nostra legge é la libertá

ed un pensiero,

rebelde in cor ci stá!

Publicado en Sen categorizar | 1 comentario

santa Cecilia

Hai ben tempo que non escribo neste caderno. Un pouco porque me desparramo noutros cadernos, ben xeitosos, outro pouco porque me entrou un algo de xuízo… de escoitar falar a escritoras e escritores sobre a necesaria responsabilidade, madurez, técnica…

Pero hoxe decido lanzarme outra vez a este abismo de xeito impetuoso, por impulso e sen pensalo dúas veces.

E vai con dedicatoria:

para a miña nai, para as miñas avoas e…

para as mulleres que, coma min, son nais sen ter fillos

 

Onte a miña nai decatouse, grazas a unha chamada, de que hoxe é o meu santo.

Non me interesa especialmente a celebración, de non ser polo que xenera na miña nai.

Ela prende cunha chispa pícara, infantil, toma a iniciativa e propón, de xeito que sería eu parva non aceptar, comer e celebrar o Santa Cecilia.

Contáxiome desta ledicia, merco ameixas e mentres as preparo na cociña sinto á miña nai remexendo nos caixóns coma un ratiño na busca de tesouros…

Non hai fallo! aparece pola porta da cociña co rostro iluminado, acompañada dun ramiño de flores rosas e brancas,  e un paquetiño de regalo…

Ela reza antes de comezar a xantar. Agradece que estemos xuntas e pide que eu teña alegría na miña vida.

Cómplices valeiramos a botella de viño branco (case!), chupamos os dedos con salsa de ameixas e sacamos  unhas fotos, que ela enseguida reclama para imprimir…

Sinto a cercanía coa miña nai, sinto a fortuna de estar con ela aquí e agora…

Lembro, agora que ela é vella, como me collía a man cando eu estaba enferma, e o seu dedo pulgar acariñaba con suavidade a miña man; como me calmaba este xesto e a dozura do olor da súa pel… o mellor bálsamo.

Que bó é ter consolo cando un o necesita.

Lembro tamén o impacto cando coñecín á miña avoa en Alemania, tiña eu apenas 12 anos. Creo que foi a primeira muller vella que coñecín, e asusteime. Quedou para sempre esa imaxe en min, daquela predominou o medo…a que? á morte? ao envellecemento físico, á perda da imaxe propia ou social?

Miro a miña nai, é vella, certo, con todo (e este todo está realmente cheo) o que iso conleva.

E por iso este momento de celebración acada unha dimensión grande,

por ese brillo nos seus ollos

 

Publicado en Sen categorizar | 2 Comentarios

vida

Cadeira, cadrís, cunca do corpo que recolle o caldo fecundo da vida. O sangue no microscopio móstrase como líquido pleno de microseres, puntos móbiles, impulsos, latexos, bombeo, calor.

A man pousa no ventre, repousa na placidez dun momento sereno, recolle e dá amparo a fraxilidade do meu ser muller.

Muller serea que sabe sumerxerse no mar, primeiro fogar da vida, no mar orixe.

O caldo mariño, plasma fecundo, líquido amniótico, pleno de microseres.

Muller balea engulle o krill que a nutre. Canto de balea, canto de serea que percorre a inmensidade oceánica, como unha onda sinuosa en expansión.

Cadeira cunca que sostén a barriga círculo, redonda, branca, lúa chea, ciclo vital que xira, se rexenera, ofrécese á vida e derrámase nela.

Muller nova, crecente, creadora, social; muller chea, radiante, sexual, loba. Muller explosión rota, recóllese, adormece, búscase, escribe, tece, abraza. Muller minguante que mira ao ceo, ao universo todo e pregunta.

Universo, estrelas, cosmos. Sempre aí e a muller, eu, a contemplalo, a escoitar o silencio, a sentirse pó de estrelas, a tocar o universo en movemento, coa man.

Publicado en Sen categorizar | Etiquetado , | 5 Comentarios

P acer

botar os  s e n t i d o s   a   p a c e r   nunha  v e i g a  v e r d e

sentir  na  p e l  e  no  c o r p o   todo  o  a l o u m i ñ o  do  s o l  m o r n o

p  r  a  c  e  r

 

Publicado en Sen categorizar | Etiquetado , | Comentarios desactivados en P acer

A mirada

Vino cos meus propios ollos. Estaba aí, coa metade desfeita e a outra metade arregladiña e sen usar. A saba de abaixo arrugada dun lado e do outro totalmente alisada. A almofada dereita retorcida, remexida, e a almofada esquerda completamente lisa, uniforme, impoluta. Eu acababa de erguer o edredón até os pés, para airear a cama. Entón, miroume. Foi unha mirada de esguello, disimulada. Pero eu vino. A cama, a miña cama, miroume. E sentina como a mirada do can fiel cando mira como agardando. O can agarda que o seu acompañante humano faga algo. A miña cama agarda que a súa soñadora humana faga algo.

Foi por causa deste fermoso tema de María Rita e tamén do colectivo Abinchoar, a elas vai adicado, Raquel, Pepa.

Maria Rita tema Me deixas Louca

 

Publicado en Sen categorizar | Etiquetado , | 1 comentario

Caderno de cousas absurdas

Non lavar o pelo o día dun exame por se marchan as ideas. (11-01-2013)

Ler unha pintada na rúa “Alfon libre” e escoitar o comentario de dous mozos: “Toma! Claro que todos queremos Iphone /aifon/ libre!” (18-12-2012)

 

Publicado en Sen categorizar | Etiquetado , , | Comentarios desactivados en Caderno de cousas absurdas

Conto de nadal

1942, 2012

Totoro respira nalgún lugar oculto e frondoso da fraga de Cecebre. Non lonxe do seu acubillo, a luz dun fogar dá calor ao inverno. Dentro da casa a familia celebra o nadal. Fóra canta un tordavisco vestido de gris e, por veces, nótase o alentar forte de Totoro, ser do bosque que gosta de xogar coa chuvia, os paraugas e o vento.

Violeta toca o piano diante dun público entregado de antemán, pasa os seus primeiros nervios escénicos, o respirar axitado e o corazón que retumba no peito e resoa na fraga.

Soa a música, o tempo para.

O bosque todo de arredor da casa escoita o son do piano, o corazón da nena, o amor dos avós, a ledicia das tías, a emoción dos pais, a amizade da veciña.

O Todo escoitando a vida.

O tempo xoga esa noite coas lembranzas da avoa. Volve ser nena, no 1942, en Piura. Na casa xúntase a familia polo nadal, e desta vez o feito de se xuntaren é aínda máis grande pois naquelas terras rurais do norte de Perú a familia non vive xunta, senón que os fillos estudan internos e só regresan á casa nas vacacións. Agora é nadal, a familia está reunida. As dúas nenas sentan ao piano, tocan as pezas que aprenden na escola, a catro mans.

A avoa sorrí ao lembrar a irmá co seu ritmo apurado coma un cabalo ao piano e a ela tentando amainala nota a nota.

A ledicia da familia, a calor do fogar enche todo o arredor da casa: os campos de algodón, as laranxeiras.

Soa noite de paz no piano, a familia reunida quecendo o inverno.

O Piano

(Bambuco)

A nena do facendeiro quere un piano de Viena.

A nena do facendeiro

Do facendeiro

De Anserma

¿Quen ha de traer piano

En tren, en barco de vela?

¿Quen ha de traer piano

Á nena do facendeiro

De Anserma?

As morrocotas de ouro fan o miragre:

A goleta

Cruza o océano Atlántico

Chega ao porto de Bruxelas,

Vai buscar o piano

Da nena

Do facendeiro

De Anserma

Do Danubio ao río Nare

Hai leguas de mar e terra:

A meniña ama Beethoven

A nena do facendeiro

De Anserma.

O piano en Budapeste

Aprende danza secreta.

En París voilá! adeprende

A valsar. Chega a Bruxelas

E cruza o mar;  mariñeiros

Adeprenden-lle habanera

Ao piano da meniña

Do facendeiro

De Anserma

Negros de Buenaventura

Tocan tambor na ribeira

O piano

colle un tento

de currulao que arrabea.

Os arrieiros de Caldas

Suben piano.¡Cautela!

Moito monte para arriba

Soben piano de Viena;

Cantan guabinas, xoropos,

Cantan bunde e tamborera;

Ai a nena

Do facendeiro

De Anserma.

Non toca Beethoven, non,

Toca baixo das estrelas

Un son quente de bambucos

No seu piano de Viena

 

A nena do facendeiro

Do facendeiro

De Anserma

 Cantos Caucanos, 1985. Avilés de Taramancos

Publicado en Sen categorizar | 1 comentario

Un tiruleque por favor

Metes a man na caixa adornada, colles un tiruleque envolto nun papel de cor, ábrelo e atopas unha frase que te reconforta

Hoxe faime falta un.

Quen quera que colla, quen quera que bote o seu, é un troco

“que nadie me arrebate las arrugas de mi frente, conseguidas a través del asombro ante la belleza de la vida, o las de mi boca que demuestran cuánto he reído y cuánto he besado. Y tampoco las bolsas bajo mis ojos, en ellas está el recuerdo de cuánto he llorado. Son mías y son bellas.” Elena Lasheras Pérez

Publicado en Sen categorizar | Etiquetado , , , | Comentarios desactivados en Un tiruleque por favor